¿QUÉ É A CONVOCATORIA DE AXUDAS DA FUNDACIÓN EMALCSA?

A convocatoria de axudas da Fundación Emalcsa é unha convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura ou que promovan o deporte como instrumento para a integración e a cohesión social.

BASES CULTURA ACCESIBLE - CONVOCATORIA 2024

REQUISITOS DAS ENTIDADES SOLICITANTES (Base 3)

  • Que sexan privadas e sen fin de lucro, e que estean definidas como entidades culturais nos seus estatutos.
  • Que teñan a sede social no termo municipal da Coruña e estean rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC).
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social, no seu caso.
  • Que estean ao corrente das obrigacións establecidas en convocatorias anteriores do Concello da Coruña e da Fundación Emalcsa, no momento de concesión da axuda.
  • Que todas as persoas que participen na actividade da asociación (incluído o persoal contratado e o voluntario), cumpran coa lexislación en materia de igualdade e non discriminación, protección contra a violencia de xénero e protección xurídica do Menor.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR (Base 6.3)

Documentación da entidade

  • Estatutos actualizados (agás que xa se presentaran na convocatoria anterior e non sufriran modificación).
  • Certificado do número do REMAC (Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas).  A entidade solicitante que presentase este documento para convocatorias anteriores, queda exenta de volver presentalo.
  • Certificado de estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social, no seu caso, emitidos dentro dos 6 meses previos á presentación da solicitude. No seu defecto, admitirase resgardo de solicitude que deberá subsanarse coa presentación dos certificados.
  • Balance e conta de resultados normalizados (adaptados ao Plan Xeral Contable) do último exercicio liquidado.
  • Certificación dos datos bancarios da entidade (orixinal expedido pola entidade bancaria dentro dos 6 meses previos á presentación da solicitude).

Documentación específica da convocatoria, segundo disponibles en la web de la Fundación Emalcsa [añadir hipervínculo sobre “web de la Fundación Emalcsa”]

  • Instancia de solicitude
  • Declaración responsable para a acreditación de persoas con discapacidade que estean vinculadas á entidade mediante unha relación laboral
  • Declaración responsable sobre o cumprimento de condicións
  • Formulario de descripción do proxecto
  • Convenio de colaboración ou carta de compromiso de colaboración de cada entidade social interesada en participar no proxecto

Non se admitirán a trámite as solicitudes que non acheguen, dentro do prazo de presentación (Base 6.1):

  • Documentación necesaria para constatar o cumprimento de requisitos para concorrer á convocatoria: estatutos, certificado de REMAC e certificados de estar ao corrente coas obrigas tributarias.
  • A instancia de solicitude cuberta e asinada (con firma dixital).
  • O formulario de presentación de proxecto cuberto e asinado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN (Base 6.1)

O prazo para solicitar as subvencións comezará ao día seguinte da publicación no BOP e permanecerá aberto ata o 21 de xuño de 2024 as 23:59h

BASES DEPORTE SOLIDARIO - CONVOCATORIA 2024

REQUISITOS DAS ENTIDADES SOLICITANTES (Base 3)

  • Que sexan privadas e sen fin de lucro, e que estean rexistradas como entidades deportivas no Rexistro Oficial correspondente (provincial, autonómico ou estatal).
  • Que teñan a sede social e dispoñan de actividade deportiva demostrable no termo municipal da Coruña.
  • Que estean rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas ( REMAC).
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social, no seu caso.
  • Que estean ao corrente das obrigacións establecidas en convocatorias anteriores do Concello da Coruña e da Fundación Emalcsa, no momento de concesión da axuda.
  • Que todas as persoas que participen na actividade da asociación (incluído o persoal contratado e o voluntario), cumpran coa lexislación en materia de igualdade e non discriminación, protección contra a violencia de xénero e protección xurídica do Menor.
  • Que acrediten actividade federativa en categorías de base durante a última tempada finalizada.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR (Base 6.3)

Documentación da entidade

  • Estatutos actualizados (agás que se presentaron na convocatoria anterior e non se modificaron).
  • Certificado do número do REMAC (Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas). A entidade solicitante que presentase este documento para convocatorias anteriores, queda exenta de volver presentalo.
  • Certificado de estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social, no seu caso, emitidos dentro dos 6 meses previos á presentación da solicitude. No seu defecto, admitirase resgardo de solicitude que deberá subsanarse coa presentación dos certificados.
  • Balance e conta de resultados normalizados (adaptados ao Plan Xeral Contable) do último exercicio liquidado.
  • Certificación dos datos bancarios da entidade (orixinal expedido pola entidade bancaria dentro dos 6 meses previos á presentación da solicitude).
  • Certificado federativo de licenzas deportivas, a data de presentación da solicitude, coa especificación do número total de licenzas de deportistas e de técnicos, desagregadas por sexo e categoría.

Documentación específica da convocatoria, segundo disponibles en la web de la Fundación Emalcsa [añadir hipervínculo sobre “web de la Fundación Emalcsa”]

  • Instancia de solicitude
  • Declaración responsable de oferta de prazas gratuítas para persoas derivadas polos Servizos Sociais Municipais. Preceptiva para as entidades que establezan nos seus proxectos esta liña de colaboración.
  • Declaración responsable sobre o cumprimento de condicións
  • Formulario de descripción do proxecto
  • Convenio de colaboración ou carta de compromiso de colaboración de cada entidade social interesada en participar no proxecto

Non se admitirán a trámite as solicitudes que non acheguen, dentro do prazo de presentación (Base 6.1):

  • Documentación necesaria para constatar o cumprimento de requisitos para concorrer á convocatoria: estatutos, certificado de REMAC e certificados de estar ao corrente coas obrigas tributarias.
  • A instancia de solicitude cuberta e asinada (con firma dixital).
  • O formulario de presentación de proxecto cuberto e asinado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN (Base 6.1)

O prazo para solicitar as subvencións comezará ao día seguinte da publicación no BOP e permanecerá aberto ata o 21 de xuño de 2024 as 23:59h

ÁREA BENEFICIARIOS

Espazo dedicado á xetión documental para as entidades que solicitaron ou recibiron axudas nos programas de inclusión social de Fundación Emalcsa.  Aquí poderás realizar os seguintes trámites:

Presentación de Documentación

Este formulario xeral  permíteche enviar documentos necesarios nas distintas etapas do proceso de solicitude e execución de proxectos. Isto inclúe a corrección de documentación, reformulacións do proxecto, avaliacións intermedias e calquera outra xestión requerida desde a Secretaría técnica dos progrmas.

Xustificación de Axudas 2023-2024

A través desta opción, poderás enviar a xustificación correspondente ás axudas recibidas na última convocatoria (VIII Convocatoria de Cultura Inclusiva e X de Deporte Solidario e Inclusivo). Deberás completar o formulario e proporcionar a información e documentación requirida para cada campo, conforme ao establecido na base 9 da convocatoria.

Importante: Para acceder a estes formularios, é necesaria a identificación co usuario e contrasinal proporcionados pola Secretaría Técnica.

 

 

 

PREGUNTAS FRECUENTES (FAQ)

Non. Só se admitirán as solicitudes presentadas en formato dixital a través desta plataforma, dentro do prazo establecido nas Bases.

Para a presentación das solicitudes utilizaranse os modelos dispoñibles nas seguintes ligazóns:

Convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva: https://fundacionemalcsa.org/gl/ix-convocatoria-cultura-accesible-e-inclusiva-2024-2025/

Convocatoria Deporte Solidario e Inclusivo: https://fundacionemalcsa.org/gl/xi-convocatoria-deporte-solidario-e-inclusivo-2024-2025/

Na base “6.3. Documentación a presentar” detállanse os documentos que deben achegarse para tramitar correctamente a solicitude. En termos xerais é imprescindible presentar toda a documentación sinalada. Indícase debidamente aqueles casos nos que o solicitante estaría exento de presentar determinados documentos (por exemplo: certificado de inscrición no REMAC en caso de achegarse en convocatorias anteriores).

Teranse só en conta aquelas solicitudes que se presenten dentro do prazo establecido e que acheguen como mínimo: Documentación necesaria para constatar o cumprimento de requisitos para concorrer á convocatoria (sinalados no apartado 6.3.a, b y c), a instancia de solicitude cuberta e asinada e o formulario de presentación do proxecto cuberto e asinado. No caso de que estas presenten defectos ou carencias emendables, notificaranse por correo electrónico requirindo a súa achega dentro do prazo de 10 días naturais. Na base “6.4. Corrección” detállanse os posibles tipos de requerimentos e os seus efectos ante a falta de resposta por parte do solicitante.

Salvo petición expresa da secretaría técnica, non será posible corrixir o formulario de proxecto dado que a presente convocatoria efectúase en réxime de concorrencia competitiva, que implica a comparación das solicitudes presentadas en igualdade de condicións.

Establécese unha contía  mínima de 3.000 € por proxecto e un importe máximo de 10.000 € para os proxectos presentados á convocatoria do programa Cultura Accesible e Inclusiva, e de 20.000 € para os proxectos presentados á convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo. Neste caso, ha de terse en conta ademais que o 75% solicitado financiaría o proxecto social presentado e o 25% restante destinaríase a custear actividades para o fomento do deporte de base.

A axuda é compatible con outras subvencións, tendo en conta que o importe de cada subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custo da actividade/proxecto subvencionado.

Notificarase individualmente a todas as entidades solicitantes ao correo electrónico de contacto indicado na solicitude. Ademais, publicaranse na web da Fundación Emalcsa as actas correspondentes ás fases do proceso de resolución descrito na base “7. Avaliación e resolución”.

Admitirase a subcontratación para as prestacións de bens e servizos que non poida prover por si mesma a entidade solicitante por estar fóra do seu obxecto social. Non se poderán contratar ditas prestacións con terceiros intermediarios que se limiten a xestionar a compra ou servizo sen engadir valor adicional, aumentando así o prezo final facturado. A parte subcontratada non excederá do 20% do importe da subvención.

Persoas vinculadas: considerarase que existe vinculación por parte da entidade beneficiaria con aquelas persoas físicas ou xurídicas ou agrupacións sen personalidade nas que concorra algunha das circunstancias citadas no apartado 2.h.i das bases que rexen a presente convocatoria.